Enmarcada na programación organizada pola Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal para a celebración do Día das Letras Galegas, na xornada deste 20 de maio procedeuse co repartimento de aproximadamente 1000 libros en lingua galega entre tódolos centros de ensino do termo municipal, sumando as súas correspondentes bibliotecas: IES da Pobra do Caramiñal; CEP Salustiano Rey Eiras e Pilar Maestú Sierra; EEI Fernández Varela; Monte Carmelo; e unitarias do Vilariño, A Granxa e A Angustia.
Ata os referidos centros desprazáronse a concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), e a técnica municipal desta área, Fita Sanisidro.
Entre as obras entregadas figuran Cousas, de Castelao; Made in Galiza, de Séchu Sende; Dezanove badaladas, de Anxo A. Rei Ballesteros; Relatos e lembranzas, de Xosé Plácido Betanzos García; O fillo do rei e outros contos populares, de Maruxa Barrio e Henrique Harguindey; O enigma do baúl pechado, de Xosé A. Neira Cruz (Premio Carlos Mosteiro 2019); e As Letras Galegas en Caricatura (1963-2020), de Héitor Picallo.