Saturday 16 de November de 2024

O Concello apoia á hostalería local coa aprobación definitiva da exención do pago de taxas de terrazas


· A medida estará en vigor desde o 20 de maio ata o final de ano.

· “Desde ou goberno local estamos a actuar con celeridade para dar unha resposta eficaz e urxente, modificando as ordenanzas fiscais para adaptalas á nova realidade social e económica baixo a crise sanitaria”, sinalou o alcalde, Juan Penabad.

As terrazas de hostalería e os postos do mercado volven estar desde hoxe, 20 de maio, exentos de pagar as taxas por ocupación do espazo público.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou esta semana a aprobación definitiva da modificación parcial da ordenanza fiscal múmero 29, que regula a taxa por ocupación de terreos de uso público con mesas, cadeiras, tribunas, tablados e outros elementos análogos.

O Concello xa habilitara esta medida o ano pasado e agora volve instaurala ata final de 2021 co obxectivo de protexer e dar apoio a sectores moi afectados pola pandemia. “Esta iniciativa é de vital importancia para impulsar a recuperación duns dúas eidos máis debilitados pola crise económica xerada pola covid-19”, sinalou o alcalde do municipio, Juan Penabad Muras. “Desde ou goberno local estamos a actuar con celeridade para dar unha resposta eficaz e urxente, modificando as ordenanzas fiscais para adaptalas á nova realidade social e económica baixo a crise sanitaria”.

A iniciativa para suspender o pago destes tributos foi aprobada pola corporación no pleno do 11 de marzo de 2021, estando posteriormente exposta ao público sen recibir ningunha alegación.

Esta medida súmase á proposta do goberno local aprobada en pleno que permitirá aos establecementos hostaleiros colocar as súas terrazas en beirarrúas a ambos os dous lados da calzada, en zonas de aparcamento e en prazas ou espazos libros, cuestións que coa ordenanza actual non eran posibles.

A normativa provisional dá resposta a un regulamento de terrazas desactualizado, xa que data do 2004, e que non atende ás necesidades da sociedade actual, feito que se agrava coa pandemia. Mentres tanto, o goberno local traballa na creación dunha nova normativa que se adapte ao máximo á realidade do municipio, atendendo ás peticións do sector e da cidadanía para crear un novo marco