• A anterior prórroga finalizou o 9 de maio e o goberno local quere continuar favorecendo durante o verán as condicións de traballo dun dos sectores máis castigados pola pandemia.
O Concello de Miño prorroga ata o 30 de setembro o decreto que regula a habilitación da superficie de terrazas exteriores, aumentando así as posibilidades de colocación de mobiliario nos establecementos que conten con esta instalación.
A anterior prórroga finalizou o 9 de maio, data de vixencia do Estado de Alarma, pero o goberno local quere continuar favorecendo durante o verán as condicións de traballo dun dos sectores máis castigados pola pandemia: a hostalería local
Cabe lembrar que esta proposta recolle que o espazo entre cadeiras das distintas mesas respectaríase sempre, así como que o aumento do espazo peonil será proporcional no mesmo tramo da vía pública onde se sitúa a terraza.
Permite, á súa vez, ampliar as zonas autorizadas coa correspondente eliminación de prazas de aparcamento naqueles casos que se considerase necesario, e no espazo aumentado só pódense utilizar elementos coas mesmas características e dimensións que as existentes, nunca superando o número de elementos determinados.
Esta medida será temporal e, a partir do mes de outubro, analizaranse as recomendacións das autoridades sanitarias derivadas da COVID-19. Desde o goberno local aseguran que “é noso deber facilitar as condicións da hostalería local, un dos sectores máis damnificados durante a pandemia, unha crise que é sanitaria, pero que sen dúbida tamén o é en materia económica.