Saturday 16 de November de 2024

Entrega de premios do certame escolar polas Letras Galegas


A aula Raquel Moreira Carril do Museo de Encaixe acolleu hoxe o acto de entrega do certame escolar organizado polo Concello de Camariñas para conmemorar o Día das Letras Galegas.

Os premiados de cada categoría recolleron de mans da alcaldesa, Sandra Insua, e da concelleira de Cultura, Encarna Liñeiro, os seus respectivos cheques regalo. O xurado que tomou a decisión estaba formado por un mestre de cada centro educativo participante: o IES Pedra da Aguia, o CEIP Ponte do Porto e o CEIP O Areal.