Friday 22 de November de 2024

Concello de Ortigueira Letras Galegas


O Concello de Ortigueira celebra o Día das Letras Galegas coa entrega dos premios do I Concurso de Microrrelatos “Arrós”.

Ás 19.30 horas comezou o acto no Teatro da Beneficencia. O alcalde, Juan Penabad, entregou os premios ás gañadoras do I Concurso de Microrrelatos “Arrós”. que foron: o primeiro premio para Valentina Calvín Durán por “Xela Arias e eu”, o segundo para Antía Bellas Cheda por “Patricia e o libro máxico”.
e o terceiro para Arsenii Poliova por “A miña amiga”.

O profesor de galego do IES de Ortigueira, Sindo Martínez, fixo unha lectura da biografía de Xela Arias, para recordar á escritora que se homenaxea mañá.

Celso Sanmartín e Quico Cadaval entreteron ao público coa súa actuación e o actou pechou coa interpretación do himno galego por parte da Escola de Gaitas de Ortigueira.