O Concello de Miño de Miño abre o festival “Música EnCamiño” co concerto de Xosé Lois Romero & Alibroia.
A choiva non impediu que os e as miñenses, amparados por unha carpa, puidesen gozar deste espectáculo, que forma parte do festival “Música EnCaMiño”.
Un concerto especial, xa que é totalmente inclusivo, grazas a unhas mochilas vibratorias que permitiron ás persoas xordas sentir a música en directo a través das vibracións. Ademais, no escenario, dúas intérpretes de signos traducían as letras das cancións.
Tamén foi emotivo para Mariana Montero, unha das integrantes do grupo que, como tivo unha filla hai tres meses, non puido estar enriba do escenario, pero isto non lle impediu cantar algunhas das pezas coas súas compañeiras desde o público.
Recordamos que mañá, a partir das 13.00 horas, a Charanga Santa Compaña encherá de música as rúas de Miño e o luns ás 20.00 horas porase o broche de ouro, ca actuación do grupo De VACAS.