O Concello de Touro, con motivo do Día das Letras Galegas, que este ano homenaxea a Xela Arias, programou para os dous próximos venres (21 e 28 de maio de 2021) dúas función para os máis pequenos. Concretamente a programación Touro a escena Maio Letras Galegas contará coa ‘Árbore das músicas’, onde pequenos e maiores poderán contar e cantar cancións, historias e contos de Galicia. Será o venres, 21 de maio, na Casa da Cultura a partir das 17.30 horas. ‘O segredo do tendal’, de Raquel Queizás, chegará o venres 28 de maio á mesma hora e no mesmo lugar. Colgadas do tendal as letras senten o sol a facerlles cóxegas e bailan unhas con outras. Quen desexe asistir pode comunicarse co Concello de Touro vía telefónica ou a través do mail: cultura@concellodetouro.gal. A celebración dos espectáculos adaptarase ás esixencias marcadas pola pandemia da Covid19. A hixiene de mans e o uso de máscaras é de obrigado cumprimento.
Máis información: http://www.concellodetouro.com/index.php/gl/novas/64-noticias/2158-touro-a-escena-maio-letras-galegas