Friday 22 de November de 2024

O gran festival-concurso de disfraces de Entroido de Lousame terá lugar o sábado 14 de febreiro no polideportivo Pilar Barreiro Senra


A festa incluirá obradoiros, xogos e sesión disco para os máis pequenos, así como unha degustación gratuíta de orellas e filloas

O Concello de Lousame celebrará o próximo sábado 14 de febreiro o seu gran Festival de Entroido, que terá lugar entre as 17:00 e as 20:00 horas no pavillón municipal “Pilar Barreiro Senra” (A Silva). Un festival que incluirá o tradicional concurso de disfraces, dividido en catro categorías (de 1 a 5 anos, de 6 a 10, de 11 a 13 e de 14 a 17 anos) e no que levarán premio os dez primeiros clasificados de cada categoría. As inscricións realizaranse no propio pavillón.

Durante as tres horas que durará este Festival de Entroido, o Concello de Lousame ten programado un amplo programa de actividades que inclúe unha degustación gratuíta de filloas e de orellas, obradoiros de entroido, xogos e unha sesión disco-baile para os máis pequenos. Máis información na Casa da Cultura ou no teléfono 981 82 57 80.