O Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Brión acudiu ás 1:00 horas de hoxe a unha chamada de alerta sobre un lume nunha granxa de vacas no lugar de A Telleira, na parroquia de Bastavales (Brión). Arderon restos da granxa (silo, plásticos…) que estaban acumulados no exterior da explotación, polo que o lume non afectou ás instalacións e non houbo que lamentar danos ás persoas, nin á propia granxa nin aos animais. Na extinción do lume, o persoal do GES de Brión contou coa colaboración dos Bombeiros de Santa Comba e da Garda Civil de Brión.