Saturday 23 de November de 2024

Inés Rey: “A Coruña destinou nos últimos 14 meses 26,4 millóns de euros para facer fronte á pandemia sen axuda da Xunta”


A alcaldesa xunto á súa homóloga en Castellón, Amparo Marco, e o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presentaron en María Pita  “Do horto á cidade”, un evento conxunto entre os programas europeos URBACT e EDUSI sobre políticas alimentarias para un Desenvolvemento Urbano Sustentable.

O tres alcaldes lembraron o gasto ocasionado pola pandemia da Covid19 para as administracións locais, sen percibir ningunha compensación económica doutras administracións, a excepción da Deputación, no caso da Coruña e Santiago.

A alcaldesa, Inés Rey, criticou esta mañá que dos fondos autonómicos extraordinarios que recibiu a Xunta pola COVID, o Concello non recibiu ningunha achega, e as axudas directas no termo municipal son unha parte residual dos 1.500 millóns de euros extra dos que dispón o Goberno autonómico. Mentres que, entre gastos extraordinarios e diminucións de ingresos derivados da pandemia, o Concello tivo que facer fronte nos últimos 14 meses a 26,4 millóns de euros. “Non me gusta falar da factura COVID pero si do que hai detrás; a implicación absoluta das administracións locais para facer fronte ás necesidades dapandemia”, dixo Rey, quen lembrou unha vez máis que “os concellos fomos os primeiros endarlle respostas á veciñanza, en pór en marcha actuacións para atender as necesidades sociais e económicas derivadas da crise”.

A alcaldesa fixo estas declaracións durante o acto de presentación xunto á alcaldesa de Castellón, Amparo Marco, e o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, de “Do horto á cidade”, un evento conxunto entre os programas europeos URBACT e EDUSI sobre políticas alimentarias para un Desenvolvemento Urbano Sostible, que terán lugar hoxe e mañá en 2 El proyecto EidusCoruña está financiado al 80% por el FEDER en el marco del eje de desarrollo urbano del Programa Operativo Plurirregional de España (antes POCS) Palexco e que o Concello organiza xunto ao Punto Nacional URBACT. Os tres coincidiron ao afirmar que as estratexias EDUSI se perfilan como grandes oportunidades para que as cidades poidan afrontar a súa transformación no ámbito da renovación tecnolóxica, da integración social e da defensa do patrimonio cultural e ambiental. Unha transformación, explicou a rexedora, que nuns casos se paralizou e noutros se acelerou debido á pandemia da COVID-19.

A alcaldesa sinalou que nin os concellos nin as deputacións tiveron ingresos extraordinarios para facer fronte á pandemia, “máis ben ao contrario, só a Xunta aumentou o seu orzamento, que pasou de 10.000 millóns de euros a 11.500 millóns, precisamente con fondos extraordinarios para facer fronte aos efectos da pandemia”.

Rey subliñou que tan só a Deputación provincial axudou a aliviar esta carga e achegou 1,2 millóns de euros. O Concello, dixo, sufriu un impacto directo nas súas contas de 25,2 millóns de euros, cantidade que se verá incrementada sensiblemente co previsto novo PRESCO e con previsibles diminucións de ingresos aínda non computados.

Como exemplo, desde o 12 de marzo do 2020, o Goberno local asinou 5.789 resolucións e decretos de emerxencia vinculados a gastos derivados da pandemia. “O Concello destinou 13,2 millóns de euros mediante o PRESCO e 1,2 millóns de euros para a ampliación do PRESCO (xa executados tamén) achegados pola Deputación. Desde a Área de Medio Ambiente, leváronse a cabo 1.433 desinfeccións en 114 instalacións municipais, educativas (centros de primaria de titularidade autonómica) e sociais, por un valor total de 107.656 euros.

E nos Servizos Sociais investiu máis de 2 millóns de euros vinculados á COVID-19, cantidade que inclúe os citados convenios nominativos, 220.000 euros para o programa de atención a persoas sen fogar, 153.000 euros de emerxencia social e 72.000 euros do programa de canguraxe.

A redución de ingresos en taxas e prezos públicos como consecuencia da pandemia superou os 7 millóns de euros no 2020. A cifra total na diminución dos ingresos é maior (máis de 21 millóns euros), aínda que os 7 millóns de taxas a prezos públicos non teñen ningunha outra posible interpretación.

Pola súa banda, a alcaldesa de Castellón explicou que as estratexias EDUSI permitíronlle a Castellón experimentar unha profunda transformación e converterse nunha cidade máis inclusiva, amable, sustentable e accesible para a veciñanza. Asegurou que debido á crise 3 El proyecto EidusCoruña está financiado al 80% por el FEDER en el marco del eje de desarrollo urbano del Programa Operativo Plurirregional de España (antes POCS) sanitaria moitos dos proxectos postos en marcha paralizáronse, pero “os concellos demos a cara e estivemos en primeira liña con decisións e investimentos e reivindicou “un diálogo directo co Goberno central e non a través das comunidades autonómicas”.

Para o alcalde de Santiago, as axudas europeas propiciaron un cambio de paradigma no funcionamento dos concellos que garante unha mellor calidade de vida para a cidadanía. Sinalou que a crise sanitaria serviu para acadar certos cambios positivos para os concellos como é a transformación tecnolóxica e denunciou de novo que “ao inicio da pandemia concellos estivemos sós, non recibimos ningunha axuda por parte das administracións públicas, excepto o millón de euros que nos achegou a Deputación”.

ACERCA DAS EDUSI
No ámbito da EDUSI, a alcaldesa apuntou que, na actualidade, da Estratexia EidusCoruña para o período 2017-2023 adxudicáronse contratos de obras, servizos e subministracións por valor de 9 millóns de euros, que situaron a cidade nunha execución do 50%. “Cando comezamos este mandato non había nin un só euro executado dos máis de 15 millóns de euros previstos para a estratexia EDUSI. Tiñamos pouco tempo de manobra e en menos dun ano lanzamos a maioría das licitacións de obras financiadas por Europa”.
Fondos, dixo Rey, que, ben utilizados, transforman a vida das persoas no ámbito social, no do medio ambiente e na parte da reactivación dixital da nosa cidade. A Coruña apostou entre outras actuacións pola humanización e urbanización dos barrios, así como a posta en marcha dos centros de baixa esixencia e a rehabilitación do Remanso para transformalo nun centro xuvenil.

Respecto ás xornadas que organiza o Concello servirán para que cidades e institucións de toda Europa debatan desde unha perspectiva global sobre como as políticas urbanas de alimentación sostible poden mellorar as nosas urbes e a calidade de vida das súas e os seus habitantes. Durante dous días daranse cita representantes dalgunhas das iniciativas máis relevantes a nivel mundial, como son o Pacto de Milán sobre Políticas Alimentarias Urbanas; a Declaración de Glasgow sobre a Alimentación e o Clima, que está vinculada á realización da COP26; o Centro Mundial de Valencia para a Alimentación Urbana Sostible (CEMAS); o programa europeo URBACT e Barcelona, como sede da Capital Mundial da Alimentación 2021.4 El proyecto EidusCoruña está financiado al 80% por el FEDER en el marco del eje de desarrollo urbano del Programa Operativo Plurirregional de España (antes POCS)

Ademais, intervirán representantes de cidades europeas e españolas participantes nos programas URBACT e EDUSI como Roma, Coimbra, Mollet do Vallès, Santa Coloma de Gramenet, Castellón, Ourense ou Santiago de Compostela. Todas elas destacan pola súa firme aposta no desenvolvemento de políticas e proxectos dirixidos a mellorar os sistemas de alimentación desde unha perspectiva local e ecolóxica.