Friday 22 de November de 2024

O Concello de Frades reparte dúas máscaras reutilizables entre todos os escolares do municipio


O Concello de Frades está a facer un novo reparto de dúas máscaras reutilizables entre todos os escolares do municipio. Un reparto do que se beneficiaron tanto os nenos e nenas que estudan no CPI de Ponte Carreira, como o persoal do centro educativo. Así mesmo, o Concello de Frades tamén fixo chegar cadansúas máscaras aos nenos e nenas de Abellá, que estudan no colexio de Xanceda (Mesía), como aos das escolas unitarias.

 

O Concello de Frades informa de que o alumnado nado en Frades que estea cursando estudos superiores (FP, Bachiller…) pode pasar pola Casa do Concello ou pola Biblioteca Municipal para recoller as súas máscaras. As máscaras están fabricadas en Galicia e permiten ata 50 ciclos de lavado. A anterior entrega realizada polo Concello de Frades tivo lugar o pasado mes de decembro, coincidindo coas vacacións de Nadal.