Friday 22 de November de 2024

O GES de Brión realiza dúas saídas a Ames por dous accidentes sen feridos


O Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Brión respondeu este luns a dúas chamadas do 112 por dous accidentes de tráfico no veciño concello de Ames, que se saldaron sen ningunha persoa ferida. De feito, no primeiro dos sinistros nin sequera foi precisa a intervención dos técnicos do GES brionés, toda vez que a situación xa fora controlada pola Policía Local e Protección Civil de Ames.

O segundo sinistro da xornada foi máis serio, tras aparecer un vehículo volcado na rúa Figueiras (Milladoiro). Unha vez no lugar, os técnicos do GES de Brión comprobaron que ningunha das persoas ocupantes do vehículo estaba ferida, polo que procederon a retirar o vehículo, despexar a estrada de restablecer o tráfico o máis pronto posible.