Friday 22 de November de 2024

Borrego lembra Lembra na Función do Voto a todas as persoas que loitan contra a pandemia


O tenente de alcaldesa, Juan Ignacio Borrego, asistiu hoxe ao tradicional acto que se celebrou na igrexa de Santo Domingo para rendir tributo e recordar a heroicidade dos coruñeses durante o ataque das tropas inglesas en 1589

O tenente de alcaldesa, Juan Ignacio Borrego, presidiu esta mañá na igrexa de Santo Domingo a tradicional Función do Voto, coa que a cidade rinde tributo e recorda a heroicidade dos coruñeses durante o ataque das tropas inglesas en 1589, hai hoxe 432 anos.

Borrego sinalou que neste ano de pandemia, “coa alerta sanitaria aínda en vigor, seguimos necesitando de toda a axuda, de toda a prudencia, de todo o coidado” e agradeceulles a todas as persoas que “celebran o sentimento de colectividade dunha cidade que tamén se asenta na conciencia de sermos unha comunidade na que ninguén quedará atrás”.

O tenente de alcaldesa recordou ao persoal sanitario, que estivo “coidando de todos, as forzas de seguridade, e as xentes que seguiron atendendo as necesidades da cidadanía, na distribución de alimentos, nos servizos esenciais, nos sectores estratéxicos; polas persoas voluntarias que arriscaron todo polos demais, superando o medo, cando menos sabíamos de como nos protexer”.