Friday 22 de November de 2024

A fachada do consistorio ilumínase de vermello


Hoxe, 8 de maio, celébrase o Día Mundial da Cruz Roja e da Media Luna Roja, baixo o lema “Da sociedade para a sociedade”. A celebración desta data ten lugar durante a maior operación da histopria de Cruz Roja Española e o Plan ruz Roja responde frente á covid-19 a través do cal puido apoiar xa a máis de 4 millóns de persoas vulnerables no noso país, impactados dunha ou outra maneira pola pandemia, a máis de 700 millóns de persoas en todo o mundo a través do Movemento Internacional da Cruz Roja e a Media Luna Roja.

Neste sentido, con motivo desta data, na provincia da Coruña réndese homenaxe ao voluntariado que nos derradeiros 14 meses traballou de maneira incansable e xenerosa para frear e paliar as consecuencias da pandemia, especialmente coas persoas máis afectadas nesta crise social e sanitaria.

Esta noite, a fachada da Casa do Concello de Malpica tinguirase de vermello para conmemorar esta data.