Tuesday 26 de November de 2024

Un total de 25 nenos do Colexio Bayón visitan a Casa Consistorial de Riveira


A Casa Consistorial de Riveira recibiu hoxe a visita duns veciños de excepción: 25 nenos e nenas de segundo de Primaria do colexio Bayón, quen tiveron ocasión de coñecer polo miúdo como é o funcionamento diario casa de todos.

O concelleiro de Atención Cidadá Juan Luis Martínez e a concelleira de Educación, Maricarmen Vizcaya, exerceron de “cicerones” dos pequenos e lles foron amosando despacho a despacho as distintas dependencias do Concello, ademais de explicarlles as competencias de cada quen. En tanto tiña lugar o percorrido, tamén se quixeron sumar á visita os edís Dolores Elorduy, Elvira Pisos e Víctor Reiriz.

Pleno infantil
Para finalizar, os rapaces adentráronse no Salón de Plenos e alí non só puideron someter a preguntas aos membros do Goberno Local, senón que incluso tiveron a oportunidade de escenificar un auténtico pleno infantil, no que tres dos cativos exerceron de alcalde, interventor e secretario na mesa presidencial.