Vaivos unha imaxe que envían desde Servizos Sociais ao respecto do “Obradoiro de alimentación saudable”, organizado pola área de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene en colaboración coa agrupación de concellos de Mugardos e Neda. A actividade enmárcase no proxecto de prevención de condutas aditivas “Máis que un teito”, subvencionado pola Consellería de Sanidade.
Este obradoiro ten por obxecto promover hábitos saudables a través de coñecementos básicos sobre a influencia da alimentación na nosa saúde, ademais de concienciar sobre os beneficios que reporta o consumo consciente e responsable, así como ofrecer estratexias de elaboración da lista da compra.