Vanvos unhas imaxes da primeira das camiñadas parroquiais organizadas polo Concello de San Sadurniño durante este mes de maio e parte de xuño. A de hoxe percorreu un trazado moi doado polo fondo de Ferreira.
O venres da próxima semana -todas as andainas son os venres ás 16.00h.- tocaralle a quenda á parroquia de Lamas, con saída do local social do Chao. Logo virá Naraío -21 de maio-, Santa Mariña -28 de maio-, Bardaos -11 de xuño- e a rolda deste ano finalizará en Igrexafeita o 18 do mes que vén.
Fai falla anotarse previamente no 672 942 426.