Friday 22 de November de 2024

O receitario de Emilia Pardo Bazán, protagonista en maio da programación polo centenario da escritora


O edil de Turismo: “As Xornadas Territorio Atlántico supoñen unha grande oportunidade para achegármonos á gastronomía de hai un século pero vista coas técnicas e produtos de hoxe en día”

Do 12 ao 30 de maio vinte establecementos ofrecen diferentes tipos de elaboracións salgadas e doces
O concelleiro de Turismo, Juan Ignacio Borrego, xunto á xerenta do Consorcio de Turismo, Lanzada Calatayud, presentou esta mañá no hotel NH Finisterre as Xornadas Gastronómicas Territorio Atlántico – Centenario Dona Emilia, un evento culinario que homenaxeará a Emilia Pardo Bazán a partir do seu receitario.

Deste xeito, sinalou o concelleiro, o Consorcio de Turismo súmase aos actos do programa municipal polo centenario do pasamento da escritora que a alcaldesa, Inés Rey, presentou no mes de febreiro e que conta con máis de 40 eventos repartidos ao longo do ano.

Vinte establecementos da cidade da Coruña realizarán entre o 12 e o 30 de maio esta segunda edición das Xornadas Territorio Atlántico que nesta ocasión cambian o seu contido para ofrecer propostas inspiradas nas receitas doces e salgadas de Pardo Bazán na súa vertente máis galega. “Estas xornadas supoñen unha grande oportunidade para achegarnos á gastronomía de hai un século pero vista coas
técnicas e produtos de hoxe en día, e todo isto facémolo da man dun dos mellores Nota de Prensa selos de calidade que ten a nosa cidade: os establecementos de restauración coruñeses”, indicou Juan Ignacio Borrego.

O edil animou a cidadanía a gozar deste evento destinado a todo tipo de consumidores/as e de padais e cunha oferta moi diversa que permitirá gozar desde menús degustacións, pratos únicos con peixe ou carne e unhas sobremesas exquisitas.

Pola súa banda, a xerenta do Consorcio, Lanzada Calatayud agradeceulles o seu apoio, compromiso e traballo aos vinte restaurantes que participan na iniciativa.

Bido, Eclectic, El Rincón de Alba, Greca, Habaziro, o Hotel NH Collection Finisterre, La Taberna de Miga, La.Con.Fusión, Le Viandier, Malte, Mesón de Herves, Millo Orzán, Pablo Gallego Restaurante, Pandelino, Peculiar, Salitre, Taberna 5 Mares, Terreo, Veracruz Boutique Finisterre e Vinoteca Jaleo ofrecerán todo tipo de propostas, desde menús degustación, pratos ou sobremesas nas que tamén hai
opcións veganas e aptas para persoas celíacas. Ademais, durante os días que dure o evento, haberá sorteos nas redes sociais de Turismo da Coruña para que o público poida probar as receitas.

Dona Emilia Pardo Bazán
Emilia Pardo Bazán foi novelista, narradora, ensaísta, poetisa, dramaturga, xornalista e ademais pioneira en reivindicar o valor cultural da gastronomía española. As Xornadas Gastronómicas Territorio Atlántico – Centenario Dona Emilia réndenlle homenaxe a esta fascinante muller coruñesa que destacou tamén por ser unha grande afeccionada á cociña e publicou dous famosos receitarios: “La cocina española antigua” e “La cocina española moderna”.

Visitas guiadas teatralizadas
Ademais destas Xornadas Gastronómicas, os xoves e venres de maio e xuño ofreceranse visitas guiadas de balde que levarán por título “La Marineda de Doña Nota de Prensa Emilia” e nas que se amosará como era a cidade hai un século. Para poder acudir é imprescindible a reserva no 654 560 814 ou no correo donassenlleiras@gmail.com

Hostalaría #PorElClima
Na liña da política de sustentabilidade do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña e a norma UNE ISO 20121 de Xestión de Eventos Sostibles, este evento conta co apoio do proxecto Hostalería por el Clima, que conta coa colaboración de Coca Cola, a Fundación ECODES e Hostalería de España, e impulsa a acción contra o cambio climático no sector da hostalaría e a súa contribución aos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da Axenda 2030.

Toda a información referente a estas Xornadas Gastronómicas Territorio Atlántico – Centenario Dona Emilia pode ser consultada na web territoriotlantico.es.