Estes traballos, habituais cada ano, levarán a cabo en 33 quilómetros de vías mediante medios mecánicos e manuais.
Ademais da roza e a limpeza de maleza tamén se retirarán obxectos, entullos, vexetación ou sedimentos que poidan obstruir os desaugadoiros.
O Concello de Cariño acaba de adxudicar por 8.799,49 euros o contrato para a roza, mediante medios mecánicos e manuais, das vías municipais que, en total, suman 33 quilómetros.
Os traballos inclúen a roza e a limpeza de malezas, herbas e arbustos do dominio público viario, incluíndo a calzada, cunetas, illas, beiravía e noiros en ambas as marxes, mediante medios mecánicos, cuxo crecemento poida dificultar a visibilidade da circulación ou dos elementos das pistas, a evacuación de auga, facilitar os incendios ou afectar a calquera outro aspecto funcional. Tamén se fará unha roza manual naqueles elementos de difícil acceso.
Doutra banda, retiraranse os obxectos, entullos, vexetación ou sedimentos que poidan obstruir o correcto funcionamento do sistema de desaugadoiro nas zonas de entrada e saída.
Finalmente, efectuarase unha recollida, carga e transporte dos produtos procedentes da roza e a limpeza a unha entulleira, incluíndo a súa xestión e tratamento.
O alcalde de Cariño, José Miguel Alonso Pumar, destacou que “este contrato é imprescindible para que os veciños e veciñas do municipio poidan ter os camiños en perfectas condicións” e lembrou que “a amplía rede de vías municipais require executalo con antelación”.