Saturday 16 de November de 2024

A Xunta achega preto de 28.000 euros para a colocación dunha pérgola metálica no Parque Infantil de Labarta no concello coruñés de Noia


A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe o resultado das obras realizadas grazas ás axudas da Orde de Infraestruturas de uso público

Natalia Prieto incidiu na importancia da cooperación entre as administración para axudar aos concellos a levar a cabo proxectos que contribúan ao benestar da cidadanía

O concello ten recibido axudas da Vicepresidencia por importe de máis de 770.000 euros destinados a proxectos da Orde de Infraestruturas, do Fondo de Compensación Ambiental, ademais de melloras na casa consistorial

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe o resultado das obras de melloras levada a cabo no parque infantil de Labarta, no concello de Noia, ás que o Goberno galego achega preto de 28.000 euros da Orde de Infraestruturas de uso público.

Segundo indicou a directora xeral, o concello solicitou esta axuda co obxectivo prioritario de continuar prestando os debidos servizos aos cidadáns en condicións de calidade que satisfagan as súas necesidades. O concello alberga varios parque infantís situados ao aire libre,atopase o situado na zona de Labarta, sendo un dos que rexistra máis afluencia de nenos e nenas do concello, polo que o concello solicitou a axuda para a colocación dunha pérgola metálica cuberta que ampare das condicións metereolóxicas a zona de xogos do parque infantil.

Durante a súa visita, Natalia Prieto, destacou a importancia da colaboración entre a administración autonómica e a local, que é a mellor coñecedora das necesidades e demandas da veciñanza, xa que grazas a estas axudas, os concellos galegos levan a cabo actuacións que repercuten en melloras directas para o día a día dos cidadáns e que non se poderían levar a cabo en moitas ocasións se non fose pola colaboración entre Xunta e concellos. Natalia Prieto incidiu na importancia da cooperación entre as administración para axudar aos concellos a levar a cabo proxectos que contribúan ao benestar da cidadanía

Concretamente, o concello de Noia nos últimos once anos ten recibido axudas da Vicepresidencia cun importe de máis de 770.000 euros destinados a proxectos beneficiarios da Orde de Infraestruturas, do Fondo de Compensación Ambiental, ademais da adquisición de vehículo de emerxencias e melloras na casa consistorial. Pertence á Mancomunidade de concellos Serra do Barbanza, xunto aso concellos de Brión, Carnota, Lousame, Muros, Porto do Son, Rois, Ames e Pontecesures, e no ano 2015 gañou o 3º dos Premios Coopera polo proxecto “Adaptación do servizo de recollida dos RSU ao Real Decreto 110/2015, do 20 de febreiro, sobre residuos de aparellos eléctricos”