Saturday 16 de November de 2024

Diana Cabanas colabora no reparto de máscaras personalizadas da Asociación Zona Comercial Obelisco


Cabanas lembra que o Goberno que lidera Inés Rey segue traballando coas diferentes asociacións de comerciantes da cidade para favorecer e impulsar ao comercio local para axudar ao pequeno comercio a aliviar os efectos da pandemia

A concelleira de Comercio, Mercados, Consumo e Barrios, Diana Cabanas, acompañou esta mañá as persoas representantes da Asociación Zona Comercial Obelisco nun repartimento de máscaras FFP2, FFP3, así como unidades personalizadas co logotipo da entidade, destinadas a todos os comercios e establecementos asociados.

A edil manifestoulle ao presidente da asociación de comerciantes, Javier Mosquera, o seu apoio firme en todas as iniciativas que a agrupación pon en marcha. Cabanas lembra que o Goberno que lidera Inés Rey segue traballando coas diferentes asociacións de comerciantes da cidade para favorecer e impulsar ao comercio local para axudar ao pequeno comercio a aliviar os efectos da pandemia.