Friday 22 de November de 2024

Realizado o sorteo de libros entre as persoas participantes da actividade virtual polo Día Mundial do Libro


 

Na xornada deste 28 de abril efectuouse o sorteo de 4 libros, 2 en galego e 2 en castelán, entre tódalas persoas participantes na iniciativa virtual #APobraLe impulsada polo Día Mundial do Libro, no 23 de abril.

As persoas que resultaron agraciadas foron Antonio Manuel Vidal Sánchez, Miriam Brión Insua, Laura Bautista Outeiral e Nuria Noal Piñeiro.

É unha actividade organizada pola Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal co obxectivo de conmemorar este día, fomenta-la lectura e xerar na Rede, tal e como manifestou a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), “un particular club de lectura virtual” que servise tamén para compartir impresións. Configurouse a través do Facebook dada a situación epidemiolóxica derivada da COVID-19.