Estes incentivos están pensados para os municipios de menos de 20.000 habitantes, para colaborar nos seus proxectos de humanización e frear o despoboamento, mellorando a calidade de vida dos veciños
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de resolver as axudas para crear ou mellorar infraestruturas municipais a un total de 39 concellos galegos, por un importe global de preto de 2,3 millóns de euros.
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Resolución pola que se anuncia o esgotamento de crédito desta orde de axudas destinadas á creación ou mellora de infraestruturas en concellos cunha poboación inferior a 20.000 habitantes.
Esta liña de subvencións, impulsada polo Goberno galego ten por finalidade humanizar as vilas galegas e frear o despoboamento, potenciando para elo as infraestruturas e servizos e mellorando o benestar e a calidade de vida da súa poboación.
Cómpre recordar que -tal e como se recollía na orde da convocatoria-, as axudas concedidas equivalerían ao 70% do custo total da actuación subvencionable e a contía máxima a percibir por cada concello, en todo caso, será de 67.760,00 euros (IVE engadido).
As actuacións deberán cumprir coas recomendacións establecidas na Guía de boas prácticas en intervencións en espazos públicos elaborada polo Instituto de Estudos do Territorio, en liña co Plan estratéxico da paisaxe galega que guiará a acción neste eido nos vindeiros catro anos.
Aposta pola colaboración cos concellos
Cómpre subliñar que esta orde de subvencións, convocada por concorrencia non competitiva, enmárcase na aposta da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda por manter liñas de colaboración directa cos concellos para facilitarlles a execución de proxectos en materia urbanística.
De feito, nos orzamentos de 2021 ten reservados máis de 7,4 millóns para actuacións dedicadas tanto a crear ou recuperar equipamentos municipais, como a acadar a posta en valor das contornas urbanas.
Unha parte destes fondos destinarase a cofinanciar proxectos municipais a través da sinatura de convenios cos concellos no marco do Plan Hurbe, un programa posto en marcha en 2010 e a través do cal a Xunta executou ou ten comprometidas un total de 317 actuacións urbanísticas en máis dun cento de municipios; e a outra, á convocatoria da orde de axudas dirixida a concellos de menos de 20.000 habitantes que foi convocada hoxe.
Concello Proxecto
Provincia A Coruña
Dumbría Mellora das redes de abastecemento e saneamento no núcleo do Ézaro
Muros Humanización da Rúa Real, 1º fase ordes Praza do centro sociocomunitario Isabel Zendal
Porto do Son Humanización do tramo oeste da rúa Santa Irene
Santiso Acondicionamento do espazo público en Felgueira
Teo Aseos no campo de fútbol de Cacheiras
Trazo Dotación da rede de augas pluviais no núcleo de O Pumar- Castelo
Ares Humanización da plazuela dos Reales Alfolíes
Provincia de Lugo
Antas de Ulla Humanización e mellora urbana da rúa General Portomeñe
Vilalba Humanización da travesía dos Castros, dende o seu cruce coa rúa Calvario ata o cruce coa avenida da Terra Cha, no núcleo urbano de Vilalba
O Vicedo Humanización e accesibilidade da zona dotacional do Vicedo
Trabada Mellora na rúa Cotarelo
Pol Mellora da seguridade vial no entorno urbano de Mosteiro
Guitiriz Mellora da rede de saneamento entre as rúas Lagoas e rúa Xermolos
Cospeito Travesía de Curros Enríquez e Paza Maior, Feira do Monte
Barreiros Humanización do centro de San Cosme
Begonte Instalación para subministro eléctrico a depósito de auga potable
Provincia de Ourense
O Carballiño Humanización rúa Mirto coa renovación saneamento, pluviais, abastecemento e iluminación
Allariz Renovación e acondicionamento parque infantil de Vilanova
Porqueira Humanización de rúas en San Lourenzo
O Barco de Valdeorras Abastecemento, saneamento e pavimentación en Os Nidos
A Veiga Mellor de rúas en A Veiga
Boborás Humanización do núcleo de A Vila (Pazos de Arenteiro)
Parada de Sil Construción de beirarrúas en O Valado e Bouzas
Oímbra Pluviais e beirarrúas en Pereiro de Videferre
O Irixo Humanización travesía O Irixo
Esgos Humanización da rúa Saramagal e o entorno
Cualedro Pavimentación da rúa Aira dos Vintes e entrono da Fonte e Fonteíña na Xironda
Cenlle Humanización de praza no núcleo de Laias
Castrelo do Val Urbanización da rúa O Poulón
Vilar de Santos Humanización e mellora na rúa do Forno e na rúa do Seixo
Provincia de Pontevedra
Vilanova de Arousa Soterramento e mellora da eficiencia enerxética no casco urbano de Vilanova
A Cañiza Mellora do vial en As Adegas
Crecente Humanización e ensanche en camiño Capela- Quintela
Dozón Obras de mellora na contorna da Casa Consistorial
A Lama Humanización do camiño das Cocheiras
Mos Mellora da urbanización de San Eleuterio
Oia Humanización para o entorno do Centro sociocultural e vivendas de Loureza
Sanxenxo Urbanización e reforma da praza en rúa Méndez Núñez- Portonovo