Thursday 21 de November de 2024

Os postos do mercado ambulante da Pobra regresan á súa localización habitual


O mercado ambulante volve neste mércores 28 á súa localización habitual ao situarse a incidencia acumulada por debaixo dos 250 casos por cada 100.000 habitantes, tal e como se acordou na reunión con representantes do sector e se publicou no bando da alcaldía do 6 de abril. Deste xeito, os postos do téxtil e calzado que nas últimas semanas se situaban na praza Alcalde Segundo Durán (praza Maior) debido ás medidas adoptadas como consecuencia da evolución epidemiolóxica derivada da COVID-19 no municipio, regresan á contorna do mercado municipal.

Ademais, farano ao 100% tal e como permite a Xunta para aqueles con menos de 150 postos autorizados, sendo este o caso da Pobra.