As persoas interesadas deberán solicitar cita previa a través da web municipal o chamando ao teléfono 981 184200
As persoas interesadas en renovar a súa praza nas Escolas Deportivas Municipais da piscina de Riazor teñen de prazo até o 21 de maio. Teñen dereito a facelo todas aquelas persoas que figuran inscritas como alumnado, tanto nas actividades de seco do curso 2020-2021, como nas actividades de piscina do curso 2019- 2020 que non puideron formalizar a súa matrícula no actual curso debido ás obras que se están a realizar na piscina municipal de Riazor.
Debido á Covid-19, e co fin de garantir que no procedemento de renovación non se realicen concentracións de persoas, é preciso solicitar cita previa a través da páxina web municipal, www.coruna.gal, ou chamando ao teléfono: 981 18 42 00, Ext. 25037.
As renovacións realizaranse nos rexistros dependentes da Concellaría de Deportes situados na Cidade Deportiva de Riazor e na Cidade deportiva da Torre Arsenio Iglesias, en horario de atención ao público de 08:15 a 14:00 horas.