A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o gasto correspondente á apertura do procedemento de adxudicación, mediante procedemento aberto simplificado, de seis proxectos de obras, por un total de 1.740.918,41 euros, con cargo ao remanente de 2019. Son a renovación do céspede sintético do campo de fútbol do Sergas, o proxecto de rexeneración do pavimento da calzada da Avenida de Asturias, o acondicionamento do aparcadoiro da rúa Altiboia (Fase I), a execución duns novos aseos públicos na Avenida de Raxoi e a reforma dos existentes na Rúa Trindade e no Parque da Alameda; e a execución do espazo cuberto de usos múltiples para o barrio de Santa Marta-Choupana. Os acordos explicounos, en rolda de prensa, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.
O proxecto de renovación do céspede sintético do campo de fútbol do Sergas, situado na zona de San Lázaro, conta cun orzamento de 550.117,15 euros, e un prazo de execución de mes e medio. A obra contempla a substitución do material da superficie de xogo, saneando a zahorra actual, mellorando a compactación e incorporando unha capa de aglomerado asfáltico. Posteriormente instalarase unha sub-base elástica, e por enriba o novo céspede sintético. Tamén se propón a construción dunha nova zona de quecemento anexa ao campo existente.
En canto á rexeneración do pavimento da calzada da Avenida de Asturias, conta cun orzamento de 499.054,47 euros e un prazo de execución de 4 meses. A obra consiste na renovación e mellora do firme actual e fresado do aglomerado en mal estado, coa retirada de materiais extraídos e o estendido da sección de firme de 10 centímetros de capa de mestura bituminosa en quente, que será de 5 centrímetros nas zonas que se atopen en bo estado. De xeito paralelo realizaranse obras de reparación nas beiravías e barreiras de seguridade laterais, así como a mellora da accesibilidade e creación de beirarrúas. Tamén inclúe a restitución da sinalización vertical, semáforos, resaltos de freado e demais elementos da vía afectados pola restitución do firme.
A Xunta de Goberno Local tamén aprobou o expediente de gasto e a apertura do procedemento de execución das obras do proxecto de acondicionamento de aparcadoiro na parcela RE-4 colindante coa Escola de Música e reurbanización da rúa Altiboia (Fase I – aparcadoiro), por un importe de 190.757,95 euros e un prazo de execución de 5 meses. Con esta actuación resólvese o acceso á explanada existente, xa que adecúa as rasantes tanto desde a rúa Altiboia como desde a Avenida Rodríguez de Viguri para, nun futuro, permitir o acceso desde esta rúa. A proposta de pavimentación é de terra esablizada nas prazas de aparcamento, e de soleira de formigón para os carrís de circulación. Tamén se contempla unha rede de sumidorios para a evacuación de augas e columnas con proxectores para o alumeado.
En canto ás obras do espazo cuberto de usos múltiples para o barrio de Sta. Marta-Choupana, contan cun orzamento de 136.790,5 euros e un prazo de execución de 4 meses. Consiste nunha estructura sinxela, que segue a eestrutura rectangular da parcela, conformando un espazo libre cuberto de dimensión suficiente para albergar distintos tipos de actividades deportivas, de lecer, etc. Está plantexado como un espazo accesible, e contempla unha zona escalonda que conformará o gradería así como un espazo axardinado.
A Xunta de Goberno Local tamén lle deu luz verdes á construción duns novos aseos públicos na Avenidad de Raxoi, cun orzamento de 208.817,86; e a reforma dos aseos, tamén públicos, que xa existen na rúa Trindade e no Parque da Alameda, por un importe total de 155.380,48 euros. O prazo de execución para cada unha das obras é de 5 meses.
A maiores destas obras, o executivo municipal tamén deu o visto bó ao proxecto de actualización e mellora da instalación da climatizacón do Centro Sociocultural de SAnt Marte (fase 2), por un importe de 112.154,16 euros, con cargo aos orzamentos de 2020 e cun prazo de execución de 51 días naturais.
Mercado de Fontiñas
A Xunta de Goberno Local tamén aprobou as “Bases reguladoras da adxudicación das autorizacións para o exercicio da venda ambulante no mercadiño de Fontiñas”, asi como a apertura do prazo de presentacióin de solicitudes por un periodo de 30 días hábiles contados desde a data seguinte á de publicación das mesmas no BOP da Coruña. E adoptou o acordo de creación do novo mercadiño de venda ambulante de carácter periódico na Rúa París no barrio das Fontiñas, que se celebraría os sábados de cada semana. Contará cun mínimo de 65 e un máximo de 130 postos numerados. O alcalde explicou que se non se cumple o mínimo de postos, “valorariamos a súa retirada”.
Co obxectivo de ofrecer unha maior diversidade de productos, un 60% dos postos, como máximo, poderanse destinar a actividade téxtil, calzado e confección; e o 40% restante a outras actividades, entre as que se atoparían, segundo indicou Sánchez Bugallo, a venda de produtos de tempada, como verduras.
O mercadiño celebraríase todos os sábados de cada mes, en horario 09:30 h. e a 14:30 horas. Os comerciantes disporán de media hora antes e despois deste horario para a montaxe e desmontaxe dos postos. O Concello resérvase a potestade de suprimir a celebración do mercadiño, previa comunicación aos titulares autorizados, ante a concorrencia de circunstancias excepcionais ou de interese xeral que o fixeran necesario.
Outros acordos
Tamén se aprobou a solicitude de transferencia finalista para o cofinanciamento dos “Servizos sociais comunitarios básicos” dentro do plan concertado coa Xunta de Galicia, por unha contía de 2.028.712,20 euros, sobre un orzamento total de 4.026.625,76 euros. De concederse, tería unha achega municipal de 1.749.135,04 euros, que supón unha porcentaxe do 43,44% sobre o orzamento total do proxecto. Os detalles e cuantías da solicitude son os seguintes:
a) Persoal: 222.009,00 euros
b) Axuda no fogar:
– Modalidade de prestación básica do plan concertado: 7.000 euros
– Modalidade para persoas valoradas como dependentes 1.473.812,86 euros
c) Programas de intervención social por COVID-19: 325.890,34 euros
Por outra banda, a Xunta de Goberno de hoxe tamén aprobou a reanualización de tres programas do departamento de Igualdade: o servizo para a implementación do programa “Compostela, territorio das mulleres”; a contratación dunha campaña nos centros de ensino para traballar a educación en igualdade e a prevención da violencia de xénero; e o servizo para a coordinación e funcionamento da Casa das Mulleres Xohana Torres.