A conselleira electiva do Estado é a segunda conferenciante dunha actividade que se poderá seguir en streaming ou presencialmente, reservando unha localidade a través da web http://www.entradas.ataquilla.com
A conselleira electiva do Estado e vicepresidenta do Real Padroado do Museo do Prado, Amelia Valcárcel, estará este martes ás 19.30 horas, no Paraninfo da Universidade, para abordar “A civilización feminista” dentro do foro “Pensando en Educación”. A conferencia, que se poderá seguir en streaming
nesta ligazón https://www.youtube.com/watch?v=NMQbumWytfw, axudará a coñecer de primeira man os avances que se están producindo no eido do coñecemento. As persoas interesadas en asistir á cita poderán reservar a súa praza na web http://www.entradas.ataquilla.com.
Amelia Valcárcel é catedrática emérita de Filosofía Moral e Política na Universidade Nacional de Educación a Distancia e doutora honoris causa polas universidades mexicanas de Veracruz e Nuevo León e a de Valencia. É conselleira electiva de
Estado e desde o 2004 ocupa a vicepresidencia do Real Padroado do Museo do Prado. En 2016 recibiu a Gran Cruz de Afonso X o Sabio. Desenvolveu unha prolífica carreira como autora, en que destacan unha vintena de libros e capítulos en textos colectivos e máis dun centenar de artigos. Coa súa obra foi dúas veces finalista do Premio Nacional de Ensaio. Ao longo da súa traxectoria académica dirixiu numerosos proxectos de investigación, cursos e seminarios tanto a nivel nacional coma internacional.