A iniciativa inclúe un curso de formación previo mais as persoas interesadas se poderán inscribir unicamente no certame, que premiará ás cinco mellores propostas con 6.500 euros
A Concellería de Comercio, Mercados, Consumo e Barrios abre o prazo para que os comercios de proximidade se inscriban na campaña de escaparatismo que incluirá un curso de formación e mais un concurso.
A iniciativa diríxese aos establecementos abertos ao público na cidade que non formen parte de cadeas comerciais nin se atopen situados en centros comerciais.
A duración do curso, que será practicamente todo en liña, é de 15 horas e poderán participar até un total de 40 comercios. Tamén está previsto, se as circunstancias o permiten, que se realice algunha sesión práctica presencial na parte final da actividade, que terá lugar do 5 ao 25 de maio.
Unha vez finalizado o curso, comezará o Concurso de Escaparatismo. Neste caso, a participación non se limitará a un número concreto de locais, aínda que terán preferencia para participaren no certame os corenta establecementos que reciban previamente a formación.
A temática será aberta e un xurado elixirá as dez mellores propostas, para as que se abrirá un prazo de votacións co fin de que a veciñanza escolla ás 5 mellores, que se repartirán 6.500 euros en premios.