As inspeccións realizadas no inicio do contrato constataron que esta estrutura se atopa nun estado moi deficiente
O Concello comezou estes días cos traballos previos ás obras de rehabilitación da pasarela do Hospital Teresa Herrera Materno Infantil.
Esta primeira fase da actuación estenderase até o mércores da semana que vén, polo que se producirán cortes puntuais que impedirán o tránsito das e dos peóns e mais se pecharán os carrís adxacentes á medianeira, na avenida da Pasaxe para a colocación dun guindastre cesta. A reforma inclúese dentro do contrato de mantemento, conservación e reparación das pasarelas peonís e pontes que se cruzan a pé e que están comprendidas dentro do termo municipal. O Goberno de Inés Rey pretende mellorar todos estes pasos peonís co fin de crear unha cidade amable que se poida transitar a pé. Aposta así pola mobilidade branda e por materializar un plan, Coruña camiña, en que a veciñanza sexa protagonista absoluta.
Neste aspecto, as inspeccións realizadas desde o inicio deste contrato se determinou que a estrutura se encontraba nun estado moi deficiente e que era preciso actuar. Estes traballos previos servirán para avaliar con criterios técnicos e mediante ensaios “in situ” o alcance das futuras obras para a súa posterior rehabilitación.