O Concello de Touro mostra o seu apoio ao fomento da lectura no Día Internacional do Libro, que se celebra mañá, día 23 de abril, día simbólico para a literatura mundial e no que faleceron en 1616 Miguel de Cervantes e Willian Shakespeare. O Concello de Touro, dende o seu departamento de Cultura, anima aos veciños e veciñas máis novos e aos non tan novos a amar a cultura, a cultivar o gusto polos libros e a fomentar o hábito de ler.
O Concello de Touro celebrará mañá, 23 de abril, un Obradoiro de marcapáxinas a partir das 17.00 horas na Casa da Cultura. Está destinado a nenos e nenas a partir dos catro anos.
Para conmemorar o 23 de abril tamén editou o vídeo Concello de Touro co día do libro no que veciños e veciñas do municipio lanzan a mensaxe de amor aos libros a través da frase dun escritor ou escritora de referencia. “A lectura é para min como a baranda dos balcóns”, con esta frase de Nuria Espert comenza o vídeo, que reflexa diferentes situacións da vida do Concello e dos seus habitantes onde a lectura ten que ser unha referencia de esas vidas. “Un fogar sen libros e como un corpo sen alma” (Cicerón), “Cando aprendas a ler serás libre para sempre” (Frederik Douglass), “Hai cousas peores que queimar un libro; unha delas e non lelo” (Ray Bradbury”, son algunhas das frases que os veciños e veciñas falan no seguinte vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=mMHACXTvToA