• Incorporaranse seis socorristas para mellorar a atención nos areais do municipio desde os meses de xuño a setembro.
• Tamén se contratarán catro controladores de aparcamento e dous limpadores de baño.
• O prazo para presentarse ao proceso de selección finaliza o 27 de abril.
O Concello de Miño prepárase para a tempada de verán. Para iso acaba de iniciar os trámites para a contratación de 12 persoas coas que mellorar os distintos servizos que se ofrecen nas praias municipais durante a tempada de verán. Incorporaranse seis socorristas, catro controladores de aparcamento e dous limpadores de baño.
O Boletín oficial da provincia da Coruña recolle as bases das tres convocatorias, ás que se poderán presentar candidaturas ata o próximo 27 de abril. Os contratos serán de tres meses e desenvolveranse desde o 15 de xuño ao 15 de setembro.
As e os socorristas seleccionados poderán prestar servizo en calquera das praias de Miño, mentres que os limpadores para a limpeza de baños traballarán na Praia Grande, en Ribeira e en Perbes. No caso do persoal para controlar o aparcamento, a súa función será a vixilancia e control das zonas ORA da Praia Grande de Miño.
As persoas interesadas deberán presentar unha instancia no Rexistro Xeral ou a través da Sede electrónica achegando o anexo correspondente e a documentación requirida en cada caso.
Desde o goberno local destacan que este proceso “asegura ou correcto funcionamento de todos vos servizos que se prestan nos nosos areais, incluíndo a seguridade en todos vos servizos de tempada”.