A Dirección Xeral de Saúde Pública certificou a “excelente” calidade das súas augas para a temporada de verán do 2021.
As augas que bañan as praias malpicás de Seiruga e Area Maior contan coa clasificación de “excelente” para a temporada de verán do 2021. A Consellería de Sanidade, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública, comunicoulle ó Concello de Malpica esta certificación logo de analizar a calidade das zonas de baño de ambos areais.
Tanto Seiruga como Area Maior recibiron a mellor cualificación posible dentro dos tres distintivos que outorga a Xunta de Galicia, que diferencia entre “excelente”, “boa” e “suficiente”. Coa análise da auga preténdese detectar a presenza de calquera vertido ou bacteria que poida resultar prexudicial á hora do baño.
Desde o goberno local destacaron a importancia “dos resultados a nivel sanitario e tamén no eido económico polo gran atractivo dos nosos areais de cara a chegada de visitantes”.