Friday 22 de November de 2024

Cariño celebrará o día do libro acollendo no seu auditorio a comedia teatral, ‘Vida de Cans’


• Este espectáculo, financiado pola Deputación dá Coruña, terá lugar o vindeiro sábado, 24 de abril, ás 19:00 horas no Auditorio Municipal de Cariño.
• A entrada será gratuíta e as persoas interesadas poderán recoller a súa invitación no local social da Casa do Concello, ata o mesmo sábado pola mañá.
O próximo 24 de abril, o Auditorio Municipal de Cariño acollerá a obra de teatro, “Vida de Cans” da compañía Talía Teatro, con motivo da celebración do Día do Libro.
A representación, financiada pola Deputación de Coruña, dará comezo ás 19:00 horas e a entrada será totalmente gratuíta. As persoas interesadas, poderán recoller a súa invitación (máximo dous por persoa) no local social da Casa do concello ata o mesmo sábado, 24 de abril, pola mañá.
Cariño será sede desta comedia paródica na que tres actores (Toño Casais, Dani Trillo e Artur Trillo) encarnan o papel de can sen deixar de ser actores. Durante a obra, cada un dos tres afronta o conflito segundo a súa personalidade. E todo vai derivando cara a unha traxedia que nunca deixa de ser comedia.