Os traballos están incluídos dentro do Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación da Coruña
Concello, a través da Concellería de Infraestruturas, iniciou esta semana os traballos para dotar a rúa Helsinki da Zapateira dunha rede de saneamento de augas pluviais e residuais. Os traballos están incluídos dentro do Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación, cun orzamento de 88.178 euros Deste xeito, o Concello prosegue co seu plan de construción da rede de saneamento en distintas rúas da
Zapateira para a correcta condución das augas residuais e o seu correspondente tratamento. O Goberno local leva investidos máis de 500.000 euros a través do POS en rúas como Atenas (130.597 euros), Burdeos (145.638 euros), Dublín (86.208 euros) e Venecia (179.508 euros).
Os traballos na rúa Helsinki consisten na construción dunha rede separativa que permitirá a recollida, por unha banda, das augas de tipo residual e, por outra, das augas pluviais que se xeran na zona dado que, na actualidade, non existe rede de saneamento de residuais en toda a rúa Helsinki e estas trátanse de xeito individual en cada unha das vivendas, e as pluviais discorren polas cunetas ou ben directamente sen canalizar, pola plataforma.
O concelleiro de Infraestruturas, Juan Díaz Villoslada, sinala que o obxectivo do goberno de Inés Rey é seguir ampliando a rede de saneamento municipal, que nos últimos anos realizouse nas rúas desta zona, e levar a cabo un mantemento óptimo das instalacións necesarias para a correcta condución das augas residuais e o seu tratamento.