• As sesións comezarán o 3 de maio e impartiranse tanto nas instalacións do Centro Cívico como nas da Casa do Oleiro de Buño.
O Concello de Malpica organiza unha nova batería de actividades destinadas a persoas maiores e con diversidade funcional. Neste caso trátase dun obradoiro de arranxos florais e outro de memoria cos que se pretende promover a saúde mental e física destes colectivos logo dun período complicado marcado polas consecuencias da covid-19.
Os talleres comezarán o vindeiro 3 de maio e impartiranse tanto nas instalacións do Centro Cívico municipal como nas da Casa do Oleiro de Buño.
O obradoiro de memoria contará con sesións dunha hora que se realizarán os luns de 10:00 a 11:00 horas en Buño e os mércores de 10:30 a 11:30 en Malpica.
En canto ó taller de arranxos florais, este desenvolverase en dous grupos reducidos en clases de dúas horas. Realizaranse os luns ata o 28 de xuño en Buño de 16:00 a 18:00 horas no primeiro grupo e de 18:00 a 20:00 horas no segundo. O Centro Cívico acollerá a segunda quenda da semana todos os mércores ata o 30 de xuño mantendo o mesmo esquema horario.
Para inscribirse en calquera das dúas actividades cómpre chamar ao Departamento de Servizos Sociais no 981 72 02 80.
O concelleiro de Benestar, Sergio García, animou á veciñanza a participar “nuns obradoiros de especial interese logo unha época de restricións nas que as aptitudes físicas e mentais se puideron ver prexudicadas para moitas persoas”. Neste sentido, asegurou que “o goberno local seguirá apostando por organizar actividades que potencien o benestar de toda a veciñanza sen esquecer a delicada sanitaria que estamos a atravesar”.