Saturday 23 de November de 2024

Remata a primeira experiencia de “Aprende co Surfing” en Camariñas


Hoxe remata a primeira experiencia de “Aprende co Surfing”, na que participaron os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria dos CEIP O Areal de Camariñas e Ponte do Porto.

Esta iniciativa promovida pola Federación Española de Surfing e a entidade Surf And Clean e subvencionada polo Concello de Camariñas e a Deputación da Coruña.

Esta semana, o alumnado do CEIP O Areal, pasou dúas xornadas estupendas de surf e concienciación medioambiental na magnífica praia da Pedrosa
E hoxe tocoulle ao de Ponte do Porto, que desfrutaron desta experiencia na praia de Arou.