Saturday 16 de November de 2024

Volve a cultura segura ao Concello de Padrón con motivo do Día do Libro


O venres 23 de abril ás 17:30 horas o Auditorio Municipal acollera ‘O secuestro da bibliotecaria’
Padrón, 16 de abril de 2021.- A Biblioteca Municipal de Padrón celebra o Día do Libro o vindeiro 23 de abril ás 17:30 horas cunha representación teatral no Auditorio Municipal. Sarabela Teatro presenta ‘O secuestro da bibliotecaria’, un espectáculo para público familiar co que o Concello padronés recupera a cultura segura. Dende o Departamento de Cultura e o persoal traballador da Biblioteca Municipal organizan este evento cultural cunhas estritas medidas de seguridade e un aforo reducido. As entradas son gratuítas e poden recollerse na Biblioteca Municipal a partir do luns 19 de abril en horario de 08:00 a 15:00 horas.
Novo horario
A Biblioteca Municipal de Padrón ampliará a partir do martes 20 de abril o seu horario, incluíndo tamén as tardes dos martes de 16:30 a 20:00 horas para que os usuarios e usuarias deste servizo poidan executar devolucións e novos préstamos. Asemade, dende hai uns meses a Biblioteca instalou un caixa de correos para que as devolucións de libros se poidan efectuar todos os días da semana as 24 horas do día.