Friday 22 de November de 2024

Inés Rey: “Recorremos xa a decisión do xuíz no caso Fuenlabrada e seguiremos defendendo os intereses da cidade”


A alcaldesa anunciou hoxe que os servizos xurídicos xa presentaron un recurso para seguir na causa aberta contra o club madrileño: “Esgotaremos todas as vías até o final”
A alcaldesa, Inés Rey, confirmou esta mañá que o Concello recorreu a decisión do xuíz do Xulgado Número 6 da Coruña que exclúe do caso Fuenlabrada ao Concello e ao Deportivo da Coruña ao aceptar o recurso presentado pola liga e considerar que non foron prexudicados. O Concello, sinalou alcaldesa, solicitará seguir presente na causa aberta contra o club madrileño.”Os servizos xurídicos do Concello xa presentaron o recurso fronte a esta decisión evidentemente respectamos todas as decisións xudiciais, pero esgotaremos todas as vías en defensa da intereses da posición do Concello da Coruña”, dixo.
A alcaldesa reafirmouse unha vez máis nas declaracións feitas hai un ano: “Ceo que se puxo en risco a unha cidade ao decidir viaxar cun equipo que tiña persoas contaxiadas de Covid 19 incumprindo os protocolos sanitarios, e o labor do Concello naquel momento, a nosa obriga, era protexer a saúde de toda a cidadanía a así o fixemos, e así o seguiremos defendendo até o final”.