Friday 22 de November de 2024

Rey: “O traballo de Silvia Penideé a proba do acerto do Concello apoiar o sector cultural durante a pandemia”


A artista foi recibida esta mañá pola alcaldesa nunha xuntanza, en que a rexedora reafirmou a prioridade deste goberno polas creadoras e creadores locais como a cantautora, que obtivo financiamento do Concello para realizar este traballo grazas ás axudas do Presco cultural
A alcaldesa, Inés Rey, recibiu esta mañá en María Pita a artista coruñesa Silvia Penide, que este sábado presentará, ás 19.00 horas, no Teatro Colón, o seu novo disco “Los Días de Plomo”. No traballo, que contou con financiamento municipal grazas ás axudas do Presco cultural, a cantautora propúxose
“transmitir esperanza nestes momentos complexos para a humanidade”. Ademais, a artista coruñesa conseguiu un dos seus soños, cantar un dos temas do seu repertorio xunto a Víctor Manuel, ‘El Efecto Boomerang’.
O disco, que foi gravado nos estudios Drum&Roll da cidade é, segundo Rey, “a proba do moito talento musical que hai na Coruña, así como do acerto do Concello ao apoiar o sector cultural nos momentos máis complicados da pandemia”. A alcaldesa e Silvia Penide falaron da situación actual do sector cultural na cidade nunha xuntanza, en que Rey volveu consideralo como “prioritario” dentro da súa política de reactivación da cidade. “A cultura na Coruña non parou e agora volve a medrar, cos recintos
funcionando todas as semanas e, como no caso de Silvia Penide, coas portas abertas á creatividade local, especialmente á das mulleres”.
As entradas para asistir ao recital están dispoñibles a través da web corunacultura.sacatuentrada.es.