Friday 22 de November de 2024

O Polideportivo de Pontecarreira, en Frades, xa dispón dunha bancada para máis de 60 persoas grazas á axuda da Deputación da Coruña


A actuación tivo un custo de 29.690,74 euros abonados con fondos provinciais

O polideportivo de Pontecarreira, en Frades, xa dispón de bancadas para o público. A Deputación da Coruña financiou este proxecto tras asinar o pasado ano un convenio de colaboración entre o presidente provincial, Diego Calvo, e o alcalde de Frades, Roberto Rey.

As instalacións atópanse na parroquia de Gafoi e a pesar de tratarse dun polideportivo cuberto, carecía de gradas para permitir a asistencia de público. Así, tras a comunicación por parte do alcalde desta carencia, a Deputación decidiu asumir este novo compromiso co concello e investir 29.690,74 euros para resolver esta situación.

Unha vez instalada a estrutura, con capacidade para 124 persoas, o titular provincial acudiu nos últimos días ao concello para ver, xunto a Roberto Rey, o resultado da actuación da que, dende agora, xa poden utilizar os veciños e veciñas de Frades.

De feito, Calvo aproveitou a visita para animar a todos os residentes do entorno darlle utilidade a esta mellora, feita pensada por e para eles.