Novamente a biblioteca municipal de Ordes convertiuse en punto de encontró e centro de diversión para decenas de nenos, nenas, pais e e nais grazas ás Tardes de contos e lendas. Unha cita na que se mesturaron a narración oral de contos e historias ben divertidas coa música e o baile. Os encargados de facer todo isto posible foron os integrantes do grupo Daboapipa, que para a ocasión ofreceron os seus ‘Contos de animalario’.