Friday 22 de November de 2024

Miño adxudica por 15.000 euros o aglomerado de diversos tramos en Galea, Barrosa, estrada da praia e Costa Miño


Está previsto que os traballos, que se realizan con fondos propios, comecen nas próximas semanas.
O Concello de Miño acaba de adxudicar por 15.000 euros o aglomerado de diversos tramos nas zonas de Galea, Barrosa, na estrada da praia e na segunda rotonda da avenida de Xarío, en Costa Miño.
Concretamente, en Costa Miño mellorarase o firme na contorna da rotonda de Avenida de Xarío coas rúas Calvela e A Cruz. Doutra banda, no centro urbano de Miño actuarase en varios tramos na Barrosa, no acceso ás pistas deportivas da Galea e na curva da estrada da praia.
A previsión que manexa o goberno local é que se iniciarán os traballos, que se realizan con fondos propios, nas próximas semanas.