Friday 22 de November de 2024

Feijóo tenden a man ao novo delegado do Goberno para traballar coa Xunta en favor dos intereses de Galicia


O presidente do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, tendeu hoxe a man ao novo delegado do Goberno en Galicia para traballar coa Administración autonómica en favor dos intereses da Comunidade.

Durante a toma de posesión de José Miñones, o titular da Xunta recordou que son moitos os desafíos aos que Galicia está a facer fronte tras a pandemia, referíndose aos retos da reactivación económica e social.

Nesta liña, aseverou que o Goberno galego seguirá xestionando con rigor, con responsabilidade e apostando pola cooperación. “A autonomía galega non se basea no afán de diferenciar nin de confrontar, todo o contrario. Cremos no noso papel dentro de España e iso lévanos a apostar pola cooperación leal”, abundou.

O responsable do Executivo autonómico concluíu agradecendo o traballo de Javier Losada á fronte da delegación, e desexándolle a Miñones moitos acertos no seu novo labor.