Friday 22 de November de 2024

A AXEGA colabora no Máster Universitario de prevención de riscos laborais e riscos comúns da Universidade da Coruña


A Facultade de Ciencias do Traballo, do Campus de Ferrol, imparte o Máster Oficial Universitario de Prevención de Riscos Laborais e riscos comúns
O persoal técnico da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior vén de colaborar cos docentes da materia de Protección Civil e Xestión de Emerxencias da Universidade da Coruña.

Así, impartiuse unha charla sobre planificación e coordinación de emerxencias no sistema integrado de protección civil de Galicia, que puido contar coa participación dos medios da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA).

Para a ocasión, desprazouse ata as instalacións universitarias da cidade departamental, o ente instrumental da Xunta de Galicia para o estudo e execución da política autonómica en materia de Protección Civil e Xestión de Emerxencias. Os medios trasladados compóñense de: un vehículo de apoio á constitución dun Posto de Mando Avanzado, mando táctico na xestión operativa de emerxencias, e a Unidade Operativa de Drons.

Co apoio nesta actividade docente, búscase trasladar aos alumnos unha visión, o máis real posible, da xestión operativa de emerxencias e da dinámica que leva a cabo coa intervención dos medios.