Friday 22 de November de 2024

Trenor visita a Oficina de Emprego de Esteiro e destaca o importante traballo que levan a cabo os seus 19 traballadores


O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou esta mañá a Oficina de Emprego de Esteiro que recentemente foi obxecto dunha obra de reforma por máis de 500.000 euros executadas pola Xunta con fondos 100% Renove do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE).

O representante do Goberno autonómico destacou o importante traballo que levan a cabo os 19 traballadores desta oficina de emprego que dá servizo ás poboacións dos concellos de Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Narón, Mugardos, San Sadurniño, Pontedeume, Neda e Valdoviño. Ademais é a oficina que coordina as accións de emprego e formación das oficinas da súa área de influencia Ferrol centro, As Pontes e Betanzos. Neste centro tamén prestan servizo outros 9 traballadores dependentes do SEPE.