Saturday 16 de November de 2024

A Policía Autonómica realizou 13 dispositivos esta fin de semana na provincia da Coruña para controlar as medidas ante a Covid-19


No marco destes controis os axentes levaron a cabo 31 inspeccións, en 3 concellos da provincia coruñesa, e identificaron a 22 persoas

Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo, durante esta fin de semana do 26 ao 28 de marzo, 13 dispositivos na provincia da Coruña no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes pola covid-19. Ao abeiro destes controis, os axentes realizaron 31 inspeccións e identificaron a 22 persoas en tres concellos da provincia entre o venres e o domingo, que deron como resultado a a tramitación de 16 actas de infracción, 2 delas por incumprir o uso obrigatorio de máscaras, 3 por fumar sen distancia e 11 por saltarse o toque de queda.

En base a este Plan, a Policía Autonómica destinou efectivos a controlar que se están a cumprir as medidas vixentes para frear a expansión do virus. Leváronse a cabo dispositivos en tres concellos da provincia: A Coruña, Mazaricos e Santiago de Compostela.

Estes dispositivos enmarcase no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias.

Durante os operativos, os axentes controlaron que nos establecementos abertos ao público, terrazas e espectáculos públicos se estaban a cumprir as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias para facer fronte á covid-19, como o uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, así como o aforo e o horario de peche dos locais e a prevención do botellón.