Friday 22 de November de 2024

16 escolares de Educación Infantil e Primaria participan no programa de conciliación Semana Activa do Concello de Boqueixón


O Concello de Boqueixón deu comezo esta mañá o programa de conciliación familiar e laboral Semana Activa. Un total de 16 escolares de Educación Infantil e Primaria participarán nas distintas propostas de lecer que se desenvolverán de hoxe ao mércores e o vindeiro luns 5 de abril nas instalacións municipais de O Forte en horario de mañá.

Co fin de cumprir con todas as medidas de seguridade e prevención contra a expansión da COVID-19, o total de participantes divídense en catro grupos de catro nenas e nenos. Cada un deles conta cunha persoa encargada de dirixir as diferentes actividades. Entre as propostas atópanse diversos obradoiros coa temática da Pascua, que inclúen a elaboración de variadas manualidades. Ademais, e aproveitando o bo tempo, desenvólvense tamén xogos ao aire libre para que as crianzas poidan gozar dos días solleiros.