A concelleira de Igualdade, Silvia Agrafojo, visitou esta mañá aos nenas e nenas do programa Lousame Concilia Semana Santa, que comezou na xornada de onte para promover a conciliación familiar e laboral durante estes períodos vacacionais. Un total de 12 escolares participan nas distintas propostas educativas e de tecer que se desenvolverán tamén o 31 de marzo e o 5 de abril nas instalacións do CPI Cernadas de Castro.
As actividades deste programa estanse a desenvolver en base a un estrito protocolo de seguridade sanitaria, respectando todas as medidas de prevención fronte a expansión da Covid-19.