A Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra), informa de que xa está dispoñible para tódalas crianzas o xogo virtual e interactivo Canto sabes sobre igualdade?, o cal se enmarcaba na programación deseñada para este ano polo Día Internacional da Muller, no 8 de marzo, e que estaba dirixido a alumnado da primaria no Salustiano Rey Eiras e no Pilar Maestú Sierra. Financiada polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero e polo Ministerio da Igualdade, pódese acceder á referida actividade a través da seguinte ligazón: https://view.genial.ly/6045d27f5641fc0d99e88ef2.
Cómpre lembrar que o Concello da Pobra do Caramiñal escolleu para este 2021 o lema “A igualdade comeza pola educación”, polo cal gran parte da programación se desenvolveu nos centros educativos do municipio, abranguendo os diferentes graos de ensinanza.