O Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Brión acudiu este medidodía a unha chamada de alerta do 112 por unha saída de vía no lugar de Gundín (Brión), que afortunadamente se saldou unicamente con graves danos materiais, tanto no vehículo como no peche da vivenda contra o que impactou. O accidente tivo lugar sobre as 13:45 horas de hoxe xoves na estrada AC-543. O vehículo implicado saíuse da estrada e, tras caer por un desnivel de 2,5 metros, colisonou contra o peche dunha vivenda, causando danos materiais de consideración pero sen que houbera que lamentar danos persoais.
Os técnicos do GES de Brión procederon a retirar o vehículo da calzada e a realizar a limpeza viaria precisa para deixar o acceso á aldea de Gundín en condicións óptimas.